Moitas felicidades ao noso equipo absoluto e júnior: 4º posto

General / XeralComentarios desactivados en Moitas felicidades ao noso equipo absoluto e júnior: 4º posto

Máis que sobresaínte a actuación dos nosos nadadores, pese a que soamente acudiron 11 nadadores: Marcos García con 4 ouros en 50 libres, 50 braza e 50 e 100 bolboreta (e sendos récords galegos en todas elas), ademais de récord en 100 libres na 1ª posta do relevo; Laura Santalla con 2 ouros en 100 e 200 braza e prata en 50 braza; Nerea López con 1 ouro en 50 libres e 1 bronce en 50 braza; Elena Massa (júnior) con ouro en 50 libres e prata en 100 costas(pese a estar en idade júnior, servíulle para ser prata na categoría absoluta); Nicolás Luque (júnior) con prata en 100 libres e bronce en 100 bolboreta; e o relevo de 4×100 libres (Marcos García, Nicolás Luque, Rubén del Río e Sergio Monato) adxudicouse a medalla de bronce.

Moitas felicidades, tamén, aos demais compeñentes do equipo polo seu excelente traballo. E, por suposto, ao seu adestrador.

 

Comentarios cerrados.

© 2018 Todos los derechos reservados.

By STGO.es