Participación no XXIX Trofeo Avilés

Club - FederadosCompeticiones / CompeticiónsGeneral / XeralComentarios desactivados en Participación no XXIX Trofeo Avilés

Estimados compañeiros/as:

O vindeiro 19 de marzo de 2016 celébrase na cidade asturiana de Avilés, o XXIX Trofeo “Avilés”, no que dende o noso Club temos a intención de participar. Segundo a normativa deste Trofeo poderán participar os deportistas masculinos dos anos 2002, 2003, 2004 e 2005; así como as deportistas femininas dos anos 2003, 2004, 2005 e 2006.

Precisamos que todos os e as que poidan participar confirmen a súa dispoñibilidade na seguinte ligazón antes do vindeiro domingo día 21 de febreiro:

CONFIRMAR DISPOÑIBILIDADE

É importante salientar que a confirmación da asistencia implica ter que participar na Competición, xa que do contrario poderíase estar deixando a algún compañeiro/a sen participar. Igualmente, aquelas persoas que confirmen e finalmente non acudan deberán facer fronte aos gastos completos da viaxe, xa que temos que proceder a facer a reserva e posteriormente non se poderá anular.

En canto teñamos a listaxe dos e das deportistas que poderían acudir, o Equipo Técnico do Club elaborará unha convocatoria atendendo as limitacións que se recollen na normativa do Trofeo en canto á inscrición, que son de 20 deportistas na categoría masculina e 20 deportistas na categoría feminina. En consecuencia, indicar que o feito de confirmar a dispoñibilidade para participar neste Trofeo non implica directamente a súa participación.

Rogándovos a todos e toda a máxima responsabilidade, ficamos á vosa disposición para o que precisedes.

Comentarios cerrados.

© 2018 Todos los derechos reservados.

By STGO.es