Xornadas de formación – venres 16 outubro

AvisosClub - FederadosGeneral / XeralComentarios desactivados en Xornadas de formación – venres 16 outubro

Estimados compañeiros/as:

Como xa vos anunciamos hai algunhas semanas estamos a organizar unha xornada formativa na que contaremos co árbitro nacional Manuel Castro Casal, na que explicará nocións básicas da natación, así como resolverá as dúbidas que vaian nacendo da organización dunha Competición.
Nembargantes queremos facer fincapé en que estas xornadas non son soamente para delegados/as, senón para todos os socios/as que queiran acudir. Esta xornada de formación levarase a cabo o vindeiro venres día 16 de outubro ás 20h.

Rogámosvos a todos os que desexedes participar que se podedes nolo comuniquedes no correo info@natacionferrol.com.
Esperando que sexa do voso interese a agradecendo de antemán a vosa colaboración, un saúdo.

Comentarios cerrados.

© 2018 Todos los derechos reservados.

By STGO.es