PERIOICIDADE XUNTANZAS PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN DAS COMPETICIÓNS

AvisosCompeticiones / CompeticiónsComentarios desactivados en PERIOICIDADE XUNTANZAS PLANIFICACIÓN E ORGANIZACIÓN DAS COMPETICIÓNS

Estimados compañeiros/as:

Tal e como acordamos na última xuntanza convocada para tentar conseguir axuda para colaborar nas competicións, as reunións realizaranse os xoves ás 20h cada 15 días, comezando estas xuntanzas este xoves día 15 de outubro. No calendario que está na páxina web se recollen xa todas as xuntanzas.

Aínda que non poidades participar en todas as xuntanzas, si que vos agradeceremos a máxima implicación participando naquelas nas que poidades acudir para planificar as Competicións. Igualmente aínda que non poidades participar nestas xuntanzas, tamén vos agradecemos se podedes botar unha man nas propias competicións.

Aproveitar para informarvos que o calendario aínda non está pechado, dado que faltan por marcar as sedes locais que son a maioría das competicións, polo que en canto se aprobe remitirémolo por correo electrónico e o penduraremos na web e redes sociais para seu coñecemento. Namentres, rogámosvos que todos os calendarios que se publiquen non os teñades en conta para facer ningún tipo de planificación.

Agradecéndovos a todos e todas a vosa colaboración e ficando á vosa disposición para o que precisedes, un saúdo.

Comentarios cerrados.

© 2018 Todos los derechos reservados.

By STGO.es