ACTO HOMENAXE A JAVI GÓMEZ NOYA

AvisosGeneral / XeralComentarios desactivados en ACTO HOMENAXE A JAVI GÓMEZ NOYA

Estimados compañeiros/as:

Segundo nos informan dende a Concellería de Deportes do Concello de Ferrol, o vindeiro martes día 6 de outubro ás 20h celebrarase na nosa cidade un acto de recepción e homenaxe ao noso compañeiro e pentacampión do mundo de tríatlon, Javier Gómez Noya. Solicítannos que haxa o maior número de deportistas posibles do noso Club, polo que precisamos que vaiades anotando na seguinte ligazón aos vosos fillos/as que poidan e vaian acudir:

APUNTARSE AO ACTO

O lugar aínda está por determinar e en canto se estableza volo faremos chegar a través de correo electrónico e tamén a través da publicación na páxina web e no taboleiro da instalación.

Igualmente, indicar que todas as actividades do Club fican suspensas a partir das 19h co fin de que todos e todas poidan participar no acto.

Rogándovos a todos e todas que fagamos un esforzo por participar no acto, ficamos á vosa disposición para o que precisedes, un saúdo.

Comentarios cerrados.

© 2018 Todos los derechos reservados.

By STGO.es