Club Natación Ferrol

O Club Natación Ferrol naceu no ano 1990 para fomentar e impulsar a práctica deportiva da natación na nosa cidade. Co paso dos anos e grazas ao esforzo e traballo de numerosas persoas, o noso Club foi consolidándose na sociedade ferrolá.

Dende a súa creación, a defensa do traballo en equipo, do compromiso, da tolterancia, do esforzo, do compañerismo foron os valores que marcaron a vida e historia do CNF. E que mellor exemplo e orgullo para este Club que o noso compañeiro Javier Gómez Noya, tetracampión do mundo de tríatlón que a maiores de todos estes valores debemos sumarlle á súa gran humildade coa que segue a día de hoxe a colaborar con este Club que o veu crecer. Hoxe este gran deportista e mellor persoa dá nome á piscina na que o CNF leva a cabo a súa actividade.

O fomento do deporte de base foi un dos piares básicos que guíaron sempre a estela deste Club é a creación da Escola Deportiva, na que milleiros de ferrolás aprenden cada día a nadar, foi o que permitiu a consecución de grandes éxitos a nivel deportivo federado. Actualmente o CNF participa en todas as ligas da Fedearación Galega de Natación e a nivel absoluto na División de Honra da Liga Galega de Clubs, na que participan os mellores Clubs de toda Galicia, así como a nivel nacional en todos os Campionatos de España que se celebran.

Todo esta dedicación e esforzo foron recoñecidos no ano 2012 co premio ao mellor Club de Base de Ferrol concedido na Gala do Deporte Ferrolá.

Anímate a formar parte da nosa familia!

Plusmarcas do Clube

Aquí podes consultar as plusmarcas do noso Club de Natación nas distintas probas durante a tempada de competición.

Grupos de Adestramento

Grupos de adestramento

Se queres encontrar grupos de adestramento de natación do clube, descargalos en PDF para consultar cuando precises.GRUPOS DE ENTRENAMIENTO

Comentarios cerrados.

© 2018 Todos los derechos reservados.

By STGO.es