Axuda nas Competicións

General / XeralComentarios desactivados en Axuda nas Competicións

Estimados compañeiros/as:

Poñémonos en contacto convosco unha tempada máis, para solicitar a vosa axuda nas Competicións que darán comezo a partir do vindeiro mes de outubro. Precisamos da máxima colaboración e implicación do maior número de persoas posibles, non só para ir de delegados/as ás Competicións que se organicen por outros Clubs, senón tamén persoas para axudar nas competicións que organicemos nós na nosa piscina.
Porén, o vindeiro xoves día 1 de outubro ás 19:30h celebraremos unha xuntanza co fin de poder contar co maior número de xente posible para esta nova tempada que comeza. Igualmente, se por calquera motivo non puiderades asistir, pero queredes botarnos unha man nas Competicións ou indo de delegados/as, poderedes facérnolo saber a través deste correo electrónico ou comunicándonolo persoalmente cando consideres oportuno.
Así mesmo, ao longo dos 15 primeiros días do mes de outubro celebraremos unha xornada de formación para as persoas que vaian ou queiran ir de delegados/as nas competicións, nas que participará un árbitro nacional do Comité Galego de Árbitros da FEGAN que explicará o funcionamento e pautas básicas de actuación nunha competición.
Esperando contar coa vosa colaboración e agradecéndovos de antemán a implicación e axuda, un saúdo deportivo.

Comentarios cerrados.

© 2018 Todos los derechos reservados.

By STGO.es